Presunto, Ana
Bóla de manteiga / Ana Presunto - 1ª ed. - Pontevedra : OQO , 2006 - 44 p. : il. col. ; 24cm - Colección cero (OQO) .
n Bóla de Manteiga acharemos moitos dos elementos propios dos relatos populares europeos, como por exemplo, as repeticións típicas dos contos infantís e o ritmo trepidante da acción.
A teimosía da bruxa por conseguir o seu propósito non coñece límites. Por tres veces, trata de enganar a Bóla de Manteiga, ofrecéndolle agasallos tentadores, e ata tres veces cae o cativo na trampa da bruxa: o saco, un obxecto cunha gran carga simbólica. Nada semella máis arrepiante que caer no saco da bruxa; pero o espelido rapaz, con astucia, logrará fuxir do perigo en todas as ocasións. Finalmente, será a bruxa, a que acabe abrasada no caldeiro, co que a personaxe perversa ficará burlada e enganada, vítima do seu propio castigo.
Este conto tradicional noruegués tamén se localiza con pequenas variantes noutras literaturas europeas. Relaciónase sobre todo co Pierino Pierone, recompilado por Calvino nos seus contos populares italianos, e segundo o propio Calvino e outros estudosos do folclore europeo, algúns dos contos catalogados como noruegueses, na realidade, son contos que chegaron a ese lugar, da man das vendedoras de froita italianas.
4º-5º-6º Educación Infantil 1º-2º Primaria
8496573532
teimosía
astucia
trampa
82-N